martes, 3 de febreiro de 2015

Habería que ...


                                            habería que...


O libro que estamos a ler titúlase: Habería que...
 
O protagonista deste libro é un meniño que critica aspectos que están mal no mundo.

Observou o mundo e víu guerras, víu fame, a miseria, víu aos poderosos, víu aos 

bosques, víu a contaminación...



Habería Que ...


O neno ergueu a cabeza.

Víu a lúa, cunha bandeira chantada na súa fronte

e díxose que habería que arrincarlla, 
 
e logo pedirlle perdón.




O Meu habería que ...




Habería que conseguir que todas as persoas do mundo

tiveran un lugar onde

durmir, poder conseguir bos alimentos para comer, para beber.
 Un bo sitio onde poder descansar. Para isto é imprescindible a vida en paz.




Habería que ...


Habería que aprender a querer a nosa mascota e non maltratala,

no mundo hai máis de 10.000 animais maltratados


Habería que ...
Axudar ás persoas discapacitadas

e axudalas cos seus problemas.

Habería que conseguir un mundo sen guerras,

sen enfermidades, sen fame,

sen pobreza.

HABERÍA QUE...

Segundo trimestre
HABERÍA QUE...
De Thirry Lenain e Oliver Tallec

"O rapaz veu o mar e díxose que habería que limpalo e despois sentar fronte a el só para soñar''
    
Escollín este tema porque penso que o mar é unha das grandes marabillas do mundo  e xogamos con  el  sen darnos conta do mal  que nós facemos e sobre todo o mal que lle facemos a el. Esquecemos que o mar nós dá moitas cousas:   traballo,alimento,auga, choiva,alegría,ilusión... O mar danos VIDA.

O MEU HABERÍA QUE...

  • Habería que aprender a desafogarse libremente sen ter medo as emocións

  • Habería que pensar todo dúas veces antes de dicir calquera parvada
  1.  "É indubitable que os xudeos son una raza pero non son humanos". Adolf Hitler 
  2. “Ante Deus e o mundo, o máis forte ten  dereito de facer prevalecer a súa vontade”
    Hitler