xoves, 15 de outubro de 2015


BREVE HISTORIA DE GALICIA

BISPOS E MONXES

O libro que lin trata sobre a aparición da relixión cristiá en Galicia, e o poder que tiñan os monxes e os bispos . Di que a aparición do cristianismo dáse na Idade Media con Prisciliano, antes os poboadores galegos crían nas forzas sobrenaturais da natureza e tiñan moitos lugares sagrados. Por iso, cando despois impuxeron o cristianismo, as igrexas ou as capelas as construían neses sitios sagrados ou preto deles. Temos como exemplo o mosteiro de Muraime en Muxía, construído preto da pedra de abalar. Cando xa se impuxo o cristianismo os moxes construíron mosteiros onde vivían os campesiños a cambio de que traballasen as súas terras, ademais todos os campesiños cumprían unhas oracións e uns traballos para renderlle culto a o deus. Había distintos tipos de monxes uns con máis cargos e outros con menos. Os monxes naquela época eran os que mais coñecementos tiñan e ensinaban ao resto da sociedade. Isto explica que haxa tantos mosteiros en Galicia.

 Mosteiro de Muraime Muxia

            Breve historia de         

   Galicia


      1-OS REIS DE GALICIA


                                      Resultado de imaxes para FOTOS REIS DE GALICIA
     As tribos suevas cruzaron a Península Ibérica por os Perineos, durante anos andaron os suevos pola Península sen asentarse nun lugar de maneira  definitiva, xa que a xente da cidade non lle gustaba vivir con estranxeiros...
Hermerico proclamouse rei de Galicia, moito despois reinou en Galicia o rei Teodomiro. Coa chegada de San Martiño de Dumio o cristianismo estendeuse mais profundamente polo reino galego, fundando igrexas nas aldeas, que darían lugar as primeiras parroquias de Galicia.
No ano 711 un exército musulmá cruza arrasando o reino visigodo. Os visigodos non soportaban un tempo tan húmido  como o noso, seica que os acatarraba.
De maneira que Galicia quedou libre de visigodos e sen rei, o reino de Galicia estivo gobernado por bispos, ata que foi rei Ordoño ll.
No ano 812 o bispo descubriu o sartego do apóstolo de Santiago e a noticia estendeuse por toda Europa. No ano 1065 Galicia volveu a ter rei propio, García subiu ao trono do próspero reino de Galicia, enganado polos seus propios irmás e foi encerrado nunha gaiola de León , e ao final unha muller puxo a coroa de Galicia na cabeza e era dona Urraca.
                                    BREVE HISTORIA DE GALICIA
                                           OS NOBRES

   
    O libro conta que na Idade Media había tres clases de xente:traballadores, que eran os que producían as cousas que se precisaban para vivir; oradores, que compoñían o clero; e batalladores, que eran os señores dos castelos.
    Os nobres galegos fixéronse moi poderosos porque defendían o pobo dos invasores como os musulmáns e así conseguiron extensos territorios nos que as clases máis baixas lle pagaban impostos.
    Nalgunhas ocasións os nobres aliábanse cos invasores como fixeron con Almanzor, que quería arrasar Compostela, cabeza da cristiandade pero na catedral, un nobre caeu fulminado por un raio e Almanzor arrasou a cidade respectando o sepulcro do Apóstolo.
    Para defender Compostela, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha frota e con ela acabaron cos intentos de invasión. Como os nobres non tiñan que batallar dedicábanse á caza con aves de presa amestradas.
    Outro aspecto destacado é o apego que estes lle tiñan aos seus apelidos, poñéndoos na fachada da casa e facendo escudos labrados en pedra. Unha familia importante era a dos Castro que tiñan unha filla que se namorou dun infante portugués. Os seus pais que eran reis, non querían que casara cunha galega e decidiron matar á rapaza e o infante, cando reinou, vingouse dos asasinos da súa namorada.
    Tamén eran frecuentes as loitas para gobernar as cidades galegas, que estaban en mans de bispos e contra eles enfrontáronse ós veciños dirixidos por nobres pero venceu o bispo e anos despois vingáronse del.
    No século XIV chegou a peste negra e con ela, a fame dos campesiños e á nobreza, que para combater isto decidiu subir os impostos e roubar nas outras casas e os veciños rebeláronse e formaron un exércitos: “Os Irmandiños”, que se uniron para combater coa nobreza.
    Despois das guerras irmandiñas, os reis de Castela quixeron incorporar a Galicia no seu reino e deixouse de escribir en galego aínda que o pobo foi quen conservou a lingua. Houbo algúns nobres como o mariscal Pardo De Cela que se puxeron contra o dominio dos Reis Católicos. A nobreza foi perdendo o poder que tiña e o pobo tamén perdera nas guerras irmandiñas.