xoves, 15 de outubro de 2015


BREVE HISTORIA DE GALICIA

BISPOS E MONXES

O libro que lin trata sobre a aparición da relixión cristiá en Galicia, e o poder que tiñan os monxes e os bispos . Di que a aparición do cristianismo dáse na Idade Media con Prisciliano, antes os poboadores galegos crían nas forzas sobrenaturais da natureza e tiñan moitos lugares sagrados. Por iso, cando despois impuxeron o cristianismo, as igrexas ou as capelas as construían neses sitios sagrados ou preto deles. Temos como exemplo o mosteiro de Muraime en Muxía, construído preto da pedra de abalar. Cando xa se impuxo o cristianismo os moxes construíron mosteiros onde vivían os campesiños a cambio de que traballasen as súas terras, ademais todos os campesiños cumprían unhas oracións e uns traballos para renderlle culto a o deus. Había distintos tipos de monxes uns con máis cargos e outros con menos. Os monxes naquela época eran os que mais coñecementos tiñan e ensinaban ao resto da sociedade. Isto explica que haxa tantos mosteiros en Galicia.

 Mosteiro de Muraime Muxia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.