xoves, 15 de outubro de 2015

                                    BREVE HISTORIA DE GALICIA
                                           OS NOBRES

   
    O libro conta que na Idade Media había tres clases de xente:traballadores, que eran os que producían as cousas que se precisaban para vivir; oradores, que compoñían o clero; e batalladores, que eran os señores dos castelos.
    Os nobres galegos fixéronse moi poderosos porque defendían o pobo dos invasores como os musulmáns e así conseguiron extensos territorios nos que as clases máis baixas lle pagaban impostos.
    Nalgunhas ocasións os nobres aliábanse cos invasores como fixeron con Almanzor, que quería arrasar Compostela, cabeza da cristiandade pero na catedral, un nobre caeu fulminado por un raio e Almanzor arrasou a cidade respectando o sepulcro do Apóstolo.
    Para defender Compostela, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha frota e con ela acabaron cos intentos de invasión. Como os nobres non tiñan que batallar dedicábanse á caza con aves de presa amestradas.
    Outro aspecto destacado é o apego que estes lle tiñan aos seus apelidos, poñéndoos na fachada da casa e facendo escudos labrados en pedra. Unha familia importante era a dos Castro que tiñan unha filla que se namorou dun infante portugués. Os seus pais que eran reis, non querían que casara cunha galega e decidiron matar á rapaza e o infante, cando reinou, vingouse dos asasinos da súa namorada.
    Tamén eran frecuentes as loitas para gobernar as cidades galegas, que estaban en mans de bispos e contra eles enfrontáronse ós veciños dirixidos por nobres pero venceu o bispo e anos despois vingáronse del.
    No século XIV chegou a peste negra e con ela, a fame dos campesiños e á nobreza, que para combater isto decidiu subir os impostos e roubar nas outras casas e os veciños rebeláronse e formaron un exércitos: “Os Irmandiños”, que se uniron para combater coa nobreza.
    Despois das guerras irmandiñas, os reis de Castela quixeron incorporar a Galicia no seu reino e deixouse de escribir en galego aínda que o pobo foi quen conservou a lingua. Houbo algúns nobres como o mariscal Pardo De Cela que se puxeron contra o dominio dos Reis Católicos. A nobreza foi perdendo o poder que tiña e o pobo tamén perdera nas guerras irmandiñas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.