xoves, 29 de xaneiro de 2015

HABRIA QUE ...



Cando o profesor nos ensinou o libro Habría que pensei que era para pequenos pero o meu profesor di que parece de pequenos pero en realidade é de maiores por que fai que pensemos mais do que pensamos habitualmente. A parte que mais me gustou cando o rapaz que e o protagonista di: o neno veu a fame e dixo que habería que coller as nubes para cun lazo e facelas chover sobre os desertos. E habería que encher os cauces dos rios de auga e de leite .

Eu tamén teño moitos habría que, por exemplo, que desaparecesen os pirómanos por que eu son de Muros e cando queimaron o Monte Pindo púxenme mal porque non só por as árbores, sinón polos animais indefensos que non puideron escapar e tiveron que morrer dunha maneira cruel e que a ningunha persoa lle desexarías.
Tamén desexo que se acabe o maltrato animal eu son unha rapaza que adora aos animais e que non soporto que lle fagan nada malo a eles. E non só as persoas temos dereitos porque os animais tamén deberían telos, xa que están neste mundo para querelos e non para maltratalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.